YouTube magic that brings views, likes and suibscribers
Get Free YouTube Subscribers, Views and Likes

Alalá nº 10 'Pazos de Merexo' - TVG

Follow
Alalá TVG

ALALÁ capítulo Nº 10 "PAZOS DE MEREXO"
Data de Emisión TVG: 18 / 04 / 06

Manuel anda rondando os oitenta anos pero segue mantendo a mesma mirada viva e curiosa de cando era novo e andaba tocando polas festas co seu acordeón diatónico. Sempre foi coñecido como Pazos de Merexo, Pazos polo apelido, Merexo polo lugar no que sempre vivíu, en plena ría de Camariñas. Ata alí achegouse o equipo de Alalá para compartir con el unhas horas de música e conversa. Porque Pazos é un gran conversador, un home afable que fala das cousas da vida coa experiencia de quen xa pasou por case todo. Coñece vellas historias do mar e da terra, xa que Pazos sempre viviu á carón do már pero está máis pegado á terra, de feito el é labrego como a maioría dos que viven en Merexo. Con el saberemos como eran aquelas festas ás que ía tocar co seu primeiro acordeón. Regalárallo un amigo de seu pai que viñera de Arxentina, como moitos emigrantes da zona que, naquela época, ían e viñan. Pazos aprendeu a tocar de oído, practicando horas e horas, ata converterse nun músico de moita sona. Chamábano de todas partes ata que apareceu o acordeón de piano, entón os diatónicos pasaron de moda. Agora moitos músicos novos recuperaron este instrumento, entre eles Brais Maceiras –que toca habitualmente con Susana Seivane a quen veremos tocando

posted by alocuniocaispn8