15 YouTube views, likes subscribers in 10 minutes. Free!
Get Free YouTube Subscribers, Views and Likes

AS MEMORIAS DO MAR DE BURELA

Follow
ARRACADA produccions

As Memorias do Mar de Burela
Duración: 37’
Formato: 16:9
Idioma: Galego
Subtítulos: non
DL: LU 1012014

A Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo crea a campaña divulgativa MAR DE LUGO co obxectivo de divulgar a actividade dos nosos pescadores e mariscadores para dar a coñecer o sector pesqueiro de Lugo, as súas tradicións, os métodos de traballo e as artes de pesca máis empregadas, así como os peixes máis característicos da zona.

O proxecto audiovisual as MEMORIAS do MAR de LUGO consiste na realización de seis documentais en formato DVD sobre os recordos e as vivenzas das xentes do mar de cada unha das seis confrarías de pescadores da provincia: Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Ciprián e O Vicedo.

Cada documental fai un percorrido pola historia e a evolución de cada un dos nosos portos, destacando aqueles aspectos máis característicos: as fábricas de salazón e conservas, as carpinterías de ribeira, o tráfico de mercadorías e cabotaxe, a evolución das infraestruturas portuarias e das embarcacións pesqueiras, os naufraxios e outras anécdotas da vida das xentes do mar.

Esta actuación encádrase dentro da campaña promocional MAR de LUGO da Federación Provincial de Confrarías co doble obxectivo de:
divulgar a laboura diaria das confrarías de pescadores, entidades clave na organización e estrutura das comunidades mariñeiras
exaltar a excelente calidade dos produtos do noso mar, sanos e nutritivos, variados e cunha óptima relación calidadeprezo, ademáis dunha frescura diaria tanto na pesca costeira artesanal como do marisqueo.

Damos as grazas ás persoas e entidades que participaron e colaboraron na realización deste proxecto audiovisual.



Edita: Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo
Produción: Arracada Produccións
Guión: Vicente R. Rivera
Imaxes: Julio López García, Marián García Mesa, David Monteagudo Lanza
Montaxe: Marián García Mesa, Julio López García
Postprodución: David Monteagudo Lanza
Deseño Gráfico: Logaidea Comunicación
Agradecementos: Grupo de Acción Costeira A MariñaOrtegal (GAC1).
Confrarías de Pescadores de Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Ciprián e O Vicedo. Dámolas grazas ás persoas e entidades que participaron e colaboraron na realización deste proxecto audiovisual.

posted by milician97