Learn how to get Free YouTube subscribers, views and likes
Get Free YouTube Subscribers, Views and Likes

Represión e manipulación na CRTVG

Follow
O Salto Galiza

Persoal da CRTVG convocou para este 6 de marzo unha xornada de folga contra un clima laboral "insostible" e contra a "marxinación laboral, denegación de dereitos e represión ao persoal crítico coa manipulación". Esta foi a primeira dunha serie de mobilizacións que terán lugar nas vindeiras semanas como resposta ao traslado forzoso de varias traballadoras "como castigo" por participaren nas mobilizacións a prol dos medios públicos.

Neste vídeo afondamos no clima laboral da CRTVG e nas consecuencias para a saúde mental das traballadoras. Con Tiago Alvite, presidente do Comité Intercentros; Alberto Ordóñez, xornalista trasladado forzosamente pola dirección da CRTVG; e Ana Expósito, xornalista da Televisión de Galicia.

posted by Itamarpw